Desenvolvemento UD. Expresión oral

DESCRICIÓN:
Aula de segundo de ESO, con trinta alumnos con importantes carencias no uso do idioma, tanto a nivel oral como escrito.

OBXECTIVOS:
-Mellorar a expresión oral, a vocalización e a entonación.
-Mellorar a expresión escrita.
-Ampliar o vocabulario.
-Gañar fluidez lectora.

DURACIÓN:
Unha sesión de 50 minutos.

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE:
Improvisación, gravación e posterior escritura dun breve relato.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
1.-Crearase un breve relato tomando como punto de partida cInco palabras que serán elixidas aleatoriamente empregando unha app de diccionario.
2.-O relato improvisado oralmente grávase empregando o ipad.
3.-Intercambio dos relatos gravados entre compañeiros.
4.-Cada persoa debe transcribir o relato empregando correctamente signos de expresión, puntuación e ortografía.
5.-Deberá haber enlaces a un dicionario que aclaren o significado das palabras descoñecidas.